Investigadores, a aventura está chegando ao seu fin. Comezamos a proba final que consta de 3 partes:
PARTE 1
Cada equipo vai expor o seu mural para o resto dos compañeiros. Cada alumno teredes unha folla de puntuación para cubrir onde valorades a presentación, se responden ou non as preguntas que se piden, se son claros na exposición… Valoraredes do 1 ao 5 sendo o e que está 15 puntos do Class Dojo.
PARTE 2
Lembrades a proba dúas? Cada equipo tedes que explicar as vosas preguntas aos demais e o resto tomarán apuntes. O equipo da cantiga ademáis recitará a súa cantiga. Despois cada equipo teredes unha folla onde tedes que pegar as partes que faltan de xeito ordeado e entregarlla a mestra.
PARTE 3
Na aula de informática situaremos por parellas, estás parellas serán:
Alba P e María. Gabi e Soraya, Brais e Naiara, Rebeca e Lucía, David e Sergio, Paula e Iago, Verónica e Noa, Alba S e Xoel.
Imos levar a cabo un para ver todo o que sabedes.
PARA LEVAR OS 15 PUNTOS DO VINDEL TEDES QUE TER BEN COMPLETADA A PARTE 2 E ACERTAR MÁIS DO 80% DAS PREGUNTAS TODO O EQUIPo