Tendes 4 días de traballo para rematar a tarefa, senón é moi probable que se vos adianten e desapareza do lugar onde se atopa pasando ao mercado negro. Se isto acontece estará perdida para sempre unha das obras máis importantes da historia da música e da humanidade.
Como o imos facer?
PARTE 1: O voso equipo vai estar formado por un arqueólogo, un membro do equipo de restauración do Patrimonio Artístico, un músico e un reporteiro gráfico . Primeiro debedes repartir os papeis de cada un.
Cada integrante debe investigar:
-
Coñecer e profundizar nalgúns detalles da vida de Martín Códax, autor do Pergamiño Vindel e no descubrimento do dcoumento.
-
Concretar ao máximo o contido desta obra e por que é un documento tan importante na historia da música.
-
Determinar que relación ten o pergamino coa lírica galego-portuguesa.
-
Investigar sobre os diferentes destinos que tivo o Pergamino dende o seu descrubrimento
-
Aportar datos sobre o lugar no que se atopa o Pergamiño neste momento.
PARTE 2:
O equipo deberá reunirse para sintetizar e ordear as ideas que ten cada un da súa investigación.
Para axudarvos un pouco, podedes atopar información en:
Pergamiño Vindel e Martín Codax
• http://www.medieval.org/emfaq/composer/codax.html
• http://colegiorosaliadecastro.com/sections.php?op=viewarticle&artid=54
• http://www.martincodax.com/cultur.html
Pedro Vindel e o descubrimento do pergamino: posteriores destinos
• http://galeon.hispavista.com/iesaslagoas/legalvindel.htm
Reseñas históricas acerca da música tradicional e folklore galego :
• http://www.geocities.com/galiciaespallada/musica_galegatradicional.htm
ATENTOS: esta proba daravos 10 puntos extra no Class Dojo para o equipo que faga o mellor traballo e 5 para o segundo.