O pergamino Vindal ten sido obxecto de estudo e fascinación por parte de estudantes, músicos, coleccionistas… desde o seu descubrimento en 1914. Por que terá espertado tanto interese? Onde estuvo durante estes séculos? Que papel xogou o libreiro Pedro Vindel na historia do Pergamiño?
O voso equipo terá que facer unha investigación relacionado co Pergamino Vindel e co seu autor Martín Codax (séxulo XIII), esclarecer coma se descubríu o pergamino, a relación que vincula a Pedro Vindel co pergamino e seguir as pistas dos diferentes destinos que tivo o documento ata chegar a onde se atopa hoxe en día.
Debido ao recente interese que esperta, entre os coleccionistas sen escrúpulos que queren adquirilo a calquera prezo para as súas coleccións privadas, debedes actuar con moita rapidez, senón é moi probable que se vos adianten e desapareza do lugar onde se atopa pasando ao mercado negro. Se isto acontece estará perdida para sempre unha das obras máis importantes da historia da música e da humanidade.
Para levar a cabo a vosa misión ides ter 4 probas diferentes e un GRAN RETO FINAL.
A partir deste momento o teu equipo e ti ides convertervos en estudiosos da época medieval. Tedes varias probas que superar para conseguir o título de MESTRES DO MEDIEVO e levar 15 puntos no Class Dojo, si, si 15 puntos.
Para conseguir os puntos tendes que ser quen de superar todas as probas en primeiro lugar e ter o traballo de mellor calidade. Pero se non eres o primeiro non desesperes porque haberá 10 puntos para o segundo e 5 para o terceiro.
A información dunhas probas faravos falla para ir superando outras así que estade atentos e tede toda a información a man.
ALGÚNS CONSELLOS ANTES DE COMEZAR
-
Tomade notas de toda a información, incluso da que vos pareza pouco importante. Cando a poñades en común co resto do equipo igual é máis importante do que criades. Para destacar sempre hai tempo.
-
As fotos, esquemas… poden aportar tamén información
-
Lembrade coma se busca na web e cales son as claves para recoller información. Sede selectivos.
-
O tempo é fundamental. Ao rematar o tempo para a proba o equipo que non a teña superada terá unha sanción no Class Dojo.
-
Ademais da web podedes usar outras fontes de información (libros, biblioteca pública…)
-
Cando compartades a información tedes que traer cousas concretas para aforrar tempo. A posta en común serve para ordear ideas, completar datos , darlle forma (estructura coherente e correcta) e cumplir co que pide o traballo.
O PERGAMIÑO VINDEL
Idea adaptada da websquest Música vocal antigua


