top of page

QUE IMOS FACER?

Imos crear o primeiro manual de supervivencia da época medieval, de xeito que, aquel que o lea poida sobrevivir aos acontecementos que se suceden nesta época. Debedes ser creativos tendo en conta o momento histórico no que nos atopemos.

PARTES DO NOSO MANUAL

Imos crear un powerpoint  que será a forma que teña o noso manual de supervivencia. Antes de dar as indicación para sobrevivir debemos facer un resumo do acontecemento ante o que nos atopamos (as cruzadas, al-andalus...).

O noso manual incluirá:

  •  Partirá dun feito histórico real da época medieval (cada equipo ten que escoller un e non se pode repetir)

  • Describirá o contexto histórico, terá cronoloxía e incluirase unha liña do tempo.

  • Deberá emplear fontes e iconografía da época  ou textos medievais.

  • Sinalará características do lugar ou lugares aos que fai referencia e contará con imaxes relacionadas con este

  • O manual debe incluír imaxes, mapas e organizadores gráficos.

  • Recorda que no powerpoint tamén podes incluir vídeos ou audios (xa feitos ou creados por ti)

  • Debemos usar o vocabulario axeitado relacionado coa unidade.

  • Recordade que é un manual de supervivencia, debedes analizar os feitos e dar unha solución creativa para salir victorioso.

  • Todos os manuais incluirán un apartado de conclusións finais.

bottom of page