top of page

COMO NOS ORGANIZAMOS?

Para que cada equipo poida distribuír o tempo e o traballo imos organizarnos do seguinte xeito:

  • COORDINADOR: lidera o equipo e é o único que pode falar cos coordinadores dos outros equipos. Lembrade que o tema a traballar ten que ser distinto en cada equipo así que os coordinadores terán que falar e chegar a acordos

  • SECRETARIO:  é o que verifica que o traballo está seguindo a liña axeitada.

  • POWER LEADER: é o que manexa o powerpoint

  • ILUSTRADORES: escollen as imaxes e velan pola boa presentación do manual. Ademais, organizarán a defensa oral do manual.

PEQUENOS TRUCOS

  1. Lede ben o que se pide. Investigade aquilo que non teñades claro.

  2. Facede un guión do que ides facer, lembrade que debe ter as partes que se piden. Tamén necesitades saber coma se organiza un manual de supervivencia para facelo do mellor xeito posible.

  3. Recolle nunha carpeta no ordenador as fotos e calquera material que necesitedes para telo a man cando fagades o powerpoint.

  4. Facédeo coas vosas palabras e sempre entendendo o que facemos.

  5. Lembrade que se trata dun manual, responde a todos os epígrafes e sede creativos

  6. Desfruta. Aprender é divertido. Esta nas nosas mans.

bottom of page